lunes, 20 de abril de 2009

O HOME DO 174

As luces do solpor dibuxaban unha cara feble, sombría e deprimente. As enrugas surcaban un rostro poseído pola dor, acariciado polas inxustizas e diezmado pola incomprensión. Estaba alí. Na vella mecedora apurando os derradeiros coletazos de vida dun habano. Sempre gozou daquel recuncho; o seu Rosebud particular, a súa Roma nun mundo de bárbaros e tenebras. Mergullaba a súa mirada nos libros da estantería á vez que degustaba e saboreaba os trazos doces e potentes dunha copa de bourbon. Dende cativo gozou da lectura. O avó sempre lle dixera que unha obra clásica é aquela da que todo o mundo fala pero que ninguén a le. Non puido evitar esbozar un leve sorriso ante tal recordo. As novelas de aventuras e as de terror abranguían as tres cuartas partes do total dos exemplares daquela habitación. Sempre tivo unha devoción especial por un libro: O Corazón das tenebras. Unha viaxe interior e reflexiva cara o final da existencia, cara o Apocalipsis. Unha conversa de definición persoal, de chave a aquelas incógnitas e misterios que sacuden o razocinio da especia humana. Tal vez estábase a percatar de que a derradeira parada da súa viaxe estaba cada vez máis preto.

A muller lle morrerá fai dez anos. Aquela moza que coñecera na barra dun bar. Aquela moza pola que tanto suspirou en noites de troula e despreocupación. Aínda hoxe non é capaz de explicar a razón do sentimento que os uniu. Se cadra eso sexa o realmente emotivo. O amor como poesía dos sentidos. Tentou conterse. O fulgor emotivo desatado o privou de tal ambición. As lágrimas esbaraban polas meixelas, con elas multitudes de situacións, de momentos, de recordos imborrables. Pequenos pedazos de tempo polos que vivir. Apretou o retrato da súa esposa contra o peito e suspirou profundamente.

Alí seguía. Naquela habitación chea de porcións da súa vida. Apuraba as derradeiras gotas de whisky cando albiscou a armónica do avó enriba da mesa. Algo máis que un pai. Un confidente, un compañeiro, en definitiva, un amigo. Moitos din que a verdadeira amizade prodúcese cando ata o silencio parece ameno. Coñecía perfectamente o significado de esa lenda…..

CONTINUARÁ....

No hay comentarios:

Publicar un comentario